|



|

Xistralia, república independente
En "Xistralia, república
independente" (Zouma
Records, 2000),
Xistra do Coruxo pretende rematar coa idea de Portugal como país
veciño. Porque, segundo eles xa forman parte da mesma realidade,
ou como eles pretenden, da mesma república. Neste
camiño, recuperan os sons, os intrumentos e as pezas tradicionais
do sur de Galicia e do norte lusitano.
Pasado e presente
Cando en 1998 "Xistra do Coruxo"
irrumpeu no panorama folk, nacía co obxectivo de estudiar,
divulgar e actializar aquelas pezas musicais que recollían
o sentir e o lecer das xentes do sur galego. Unha vocación
didáctica que souberon plasmar ó longo da súa
discografía e, en especial, neste último de traballo.
Compromiso
Neste terceiro álbume Xistra
de Coruxo recupera problemas e temas que malia parecer actuais,
están na nosa cultura dende sempre.
O seu compromiso particular son as Treboadas,
unha cita ineludible en tódolos seus traballos.
No seu disco,
ademáis de 14 pezas musicais, Xistra pon á disposición
de todos as partituras das pezas populares orixinais que toman como
base do seu traballo. Para iso teñen no mesmo disco unha
pista especial que a xeito de páxina web nos permite acceder
a estes documentos(aquí tes
unha desas partituras).
Xistra
do Coruxo na rede
|