Músico(s) galegos busca casa discográfica, sala de concertos,
festival de verán ou emisora que o queira acoller para estrearse
en directo a ver se lle fan un pouquiño de caso. Se nos dan
un bocata, pois mellor que mellor.
En Radio CG queremos escoitar as túas maquetas. Se sodes músicos/as
galegos/as que aínda non publicáchedes nunha casa discográfica,
aquí botámosvos unha man. De calquer estilo e como vós
queirades, en Real Audio ou en MP3. Deixádenos os vosos datos e
falaremos convosco para buscar a mellor solución para promocionar
e difundir o voso traballo dentro de Radio CG. E por certo, é de
balde ;) .