
|

Trazar o perfil de
José Otero Abeledo, máis coñecido como Laxeiro, é tan difícil como
pretender atopar similitudes noutras figuras. Laxeiro era, ante
todo, temperamento, creatividade, autodidactismo, pero sobre todo
inxenio. Os documentos sonoros que nos quedaron logo da súa morte,
son un exemplo sintomático da súa personalidade. Por iso, deixaremos
falar ó artista lalinense de viva voz. É Laxeiro por Laxeiro.
De
José Otero Abeledo a Laxeiro
José Otero nace en 1908, sen embargo Laxeiro nace anos despois.
Dúas versións corren sobre o nacemento de Laxeiro
como tal, unha vencellada a unha orixe familiar
e outra que ten que ver co Laranxo máis popular, máis propia de
contos e de lendas .
Lalín,
Cuba, Arxentina, Vigo...
Laxeiro, foi ante todo, unha persona de mundo. Cuba, Arxentina e
diferentes lugares marcaron o seu estilo. A primeira grande viaxe
foi en 1921, cando con 13 anos Laxeiro emigra cos seus pais a Cuba.
En Cuba traballa polo día e acode a clases de pintura, perfeccionando
o seu estilo.
A súa breve estancia en Madrid serviulle para contactar con
tódolos intelectuais galegos que estaban naquel momento na capital.
Corre 1951 e Laxeiro marcha cara Bos Aires con motivo dunha exposición.
Era, en principio, unha viaxe curta, que acabou durando 19 anos.
É, sen dúbida, unha das etapas máis prolíficas do artista lalinense.
Polo demais, as súas abondosas viaxes polo mundo xogaron
un papel determinante.
As personaxes decisivas
A súa maestra, Dª Teresa que descubreu nel aquelas dotes artísticas
e o iniciou no camiño do éxito, un vieiro que o marcou ata a actualidade
.
Pero non foi a única
persona que Laxeiro recordou sempre con cariño, xa que D
Ramón Aller ocupa un lugar importante no seu recordo. Tamén
é certo que as mulleres, en xeral, desenvolveron un papel
decisivo na vida de Laxeiro, de feito sempre gozou de sona de seductor,
título que el rexeita .
Autodidacta
O rexeitamento das academias Laxeiro sempre foi moi reacio a calquera
tipo de ensinanza sobre a pintura .
O autodidactismo foi unha constante na súa vida, motivo polo que
abandoou os seus estudios na academia de San Fernando, onde estaba
por medio da Bolsa do Concello de Lalín As influencias personais
son, para Laxeiro, máis importantes que calquera tipo de lección
Autodefinición
O artista lalinense foi sempre unha persoa moi accesible e asequible,
que deixou constancia pola súa propia voz de como era el
mismo .
Fondos procedentes
do Arquivo Sonoro de Galicia
Entrevista de A. Mascato a Laxeiro. Sn: ANMA - D / 42 - ENT /
18
Entrevista de
C. Pujales a Laxeiro. Sn: CAJG - ENT / 43
|