A
historia do cura e a burra cóntanola Josefa
Groba Láncara, que tamén nos fala das rapazas
que tapaban a vergonza. No intre da gravación tiña 70
anos e vivía en San Caetano, Tui
Do
cura que foi coa criada debaixo da figueira fálanos Manuel
Losada, que a gravou con 77 anos en Vista Alegre, Santiago.
A
flor e o culebrón é un conto narrado por Hermosinda
Fernández Castiñeira, desde
Caldelas, Tui, ós 57 anos
Sabemos da costureira gracias a Concepción
Portela, que falou dela cando tiña 86 anos e vivía
en Santiago.
|
|
Chega
o inverno. A noite alóngase cada xornada. A casa revélase
máis ca nunca coma un refuxio, no que acobillarse do frío,
da choiva... e dos misterios da noite.
Ven a noite, e coa noite os contos. Ó pé da lareira
os nosos avós traennos historias dunha vida que apenas coñecemos.
Unha vida de traballos, de sacrificio, pero cos seus propios mitos
e os seus propios chistes.
Prende a lareira ou, alomenos, pon unha lareira no teu fondo de
pantalla, baixa as luces do cuarto, e escolle algún dos contos
que nos traen os maiores.
As historias que temos veñen recollidas na obra A cultura
popular de tradición oral nos centros da terceira idade,
editado en 1998 polo Consello da Cultura.
Esta obra recolle cancións e historias narradas por persoas
relacionadas cos centros da terceira idade de Ourense, Santiago,
Tui e Viveiro durante 1992.
Na súa edición sonora, o estudio inclúe dous
CDs cunha escolma do material recollido.
Presentámosche
tres contos e dúas lendas. Comproba como antes tamén
sabían rir, co conto do cura que pasa o río
nunha burra .
Ou a do outro que foi durmir coa criada debaixo da figueira .
Ou aquel que libraba as rapazas da súa vergoña ...
Un chisco irreverentes, e algo subidos de tono, demóstrannos
como na sociedade tradicional o sexo non era algo tan oculto, nin
os curas se salvaban das críticas do pobo.
As
lendas, pola súa banda, remítennos ós míticos
mouros que poboaron noutros tempor a nosa terra e que aínda
viven agochados nas fontes e nas pedras, agardando a que os desencanten.
Algúns en forma de serpe
e outros aparecendo como unha anciá rodeada de obxectos de
ouro
. E sempre cómpre coñecer as palabras axeitadas para
desencantalos e conseguir o tesouro.
Fondos procedente
do Arquivo Sonoro de Galicia
|