Internet Culturagalega.org



 
  ¿MÚSICO?
En RCG podemos pinchar as túas maquetas.
  CCGA
Consello da Cultura Galega


Historias dun gaiteiro
Historia de Manuel do Campo De como "Garceiras" comezou a tocar a gaita indo coas bacas e como fixo un fol de carneiro e un roncón de sabugueiro.

A caída de Manuel Ponte De como fabricaba "Garceireas" as gaitas, e as innovacións que lles facía

A caída de Manuel Ponte A historia da festa na que un vello morreu bailando

A caída de Manuel Ponte Dos concursos de gaitas nos que participou, e como se preparaban

A caída de Manuel Ponte O disco de "Os Garceiras" e a "Muiñeira de Garceiras"

Coplas dun muiñeiro
Historia de Manuel do Campo De como funciona o muíño de Bares no que traballou toda a vida Ramiro

A caída de Manuel Ponte A copla da moza que rachou o diantal

A caída de Manuel Ponte De como se monta unha festa e unha copla sobre as modas e os cambios

A caída de Manuel Ponte A copla que conta a historia das solteironas que foron roubar mazás e asustar o muiñeiro

A caída de Manuel Ponte A copla da moza que nunca puña os pantalóns



Recopilatorio de cantares e coplas de cego.
Voces da idade: contos para o inverno
Conversas cos oficios: un mestre gaiteiro e un muiñeiro
Contando os contos de castelao

 


CONVERSAS MUSICAIS

Fálanos das gaitas, de como se aprende e de como se fan, Gabriel Mato Varela, "Garceiras" gaiteiro.

De como traballaba e das cousas que cantaba no muíño fálanos Ramiro Novo Rego "Ramiro de Bares"


Gabriel "Garceiras" cando novo, cunha gaita

 

 

 

 

 


Ramiro de Bares, na actualidade

 

 

 

 

 






 

 

 

 

 

 

 


Asociación Conversas, representase cunha ilustración de Castelao

Historias de Transmisión Oral en Galicia recollidas pola Asociación Cultural "Conversas"


Hai traballos
e traballos, e nos traballos das aldeas non é raro cantar mentres se traballa, e é normal que haxa quen leve a afección á música cara a profesionalización.


É o caso de Gabriel "Garceiras"
, gaiteiro que foi aprendendo a tocar e a facer instrumentos a base de practicar e con pouca axuda.

Sabemos así dos seus comezos coa gaita, practicando co punteiro mentres levaba as vacas, e de como lle puxo el mesmo un fol de carneiro e un roncón de sabugueiro.

Logo de saber tocar, ós poucos, foise metendo na fabricación de gaitas, chegando a ter un certo renome , e tocando en festas, algunha delas algo accidentada.

A idade obrigouno a retirarse, non sen antes participar en varios concursos , e mesmo de gravar un disco.


Outros non se profesionalizan, pero o seu nivel musical non desmerecede a quen si o fai. É o caso de Ramiro de Bares, que desde a súa profesión de muiñeiro desenvolveu unha grande arte na composición e canto de coplas.

Ramiro explícanos, en primeiro lugar e de xeito moi gráfico -con efectos de son incluídos- como funciona o muíño no que traballou toda a vida, en Vila de Bares.
Tamén nos conta, cantando, a historia dunha rapaza á que atopa volvendo do muíño despois de que un rapaz lle tivese "rachado o delantal".

O traballo no muíño era duro, pero sempre había algunha ocasión para a festa. Comezando no bar, a festa continuaba polas rúas e ía necesariamente acompañada dun cantar. A copla ten unha boa carga de ironía e de crítica contra as modas e os cambios da sociedade.

Outra historia cantada é a das mulleres solteiras que, pasados os trinta anos, decidiron ir roubar mazás e de propina, darlle un susto ó muiñeiro, que non puido evitar "irse por si".

Por último, unha canción que nos fala do nudismo na sociedade tradicional: Unha moza que nunca puña os pantalóns e os problemas que iso lle acarrea co seu mozo



Todas estas cancións e historias están recollidas e transcritas en dous compactos editados pola Asociación Cultural "Conversas" de A Coruña, correspondentes á súa campaña de grabacións do ano 2000. As historias de Gabriel "Garceiras" que recollemos e algunha máis están no CD "Conversas no Ceo". A coplas de Ramiro Novo e as súas historias pódense escoitar no álbum "Coplas de Bares", que xa está tamén dispoñible na páxina da asociación www.conversas.org

Fondos procedente da asociación cultural Conversas

 

 

 

Cultura Galega.org
Especiais / Arte / Comunicación / Música / Espectáculos / Historia / Lingua e Literatura / Sociedade /
Certames / Arquivos / Participa / Xénese / Alén da Terra / Zona Cultura / Colaboracións
Correo / Acerca de Cultura Galega.org


Cultura Galega.org é unha iniciativa do Consello da Cultura Galega
©Consello da Cultura Galega, 2000