 |
 |
3 de abril de 2007
Turismo Cara B: Semana Santa
Culturagalega.org proponche rutas típicas pero non tópicas para estes días de vacacións
En poucas datas coincide en tanta xente o interese por facer algo de turismo como na Semana Santa. Sen dúbida, e como ben saben en Andalucía, as celebracións relixiosas deste tempo son quen de congregar un bo feixe de curiosos por ver os diferentes rituais que estes días se celebran. De calquera xeito, canda ás grandes e convencionais festas, encontramos espallados polo país algúns curiosos exemplos de celebracións tradicionais destas datas. |
21 de setembro de 2006
TURISMO CARA B: O que leva o río
As posibilidades dos ríos como espazos de lecer están aínda nunha fase inicial de desenvolvemento en Galicia
Sendo o País dos Mil Ríos, Galicia debía ter desenvolvida nos últimos anos unha ampla oferta turística aproveitando os múltiples atractivos destes espazos. Na actualidade os ríos fan parte das propostas de rutas naturais ou dos atractivos paisaxísticos do país mais boa parte das súas potencialidades están aínda pouco explotadas. Desde o valor patrimonial aos empregos deportivos, os nosos cursos fluviais son un valor de primeira orde. |
14 de setembro de 2006
Turismo Cara B: Un pequeno país
As peculiaridades do turismo en familia permiten desenvolver rutas específicas para ver Galicia
Estamos a pensar en facer unha saída e ver algún novo recanto no que gozar da beleza do país ou regalarnos cunha exposición ou evento cultural co que expandir a nosa sensibilidade. E mentres discutimos se o último festival de ópera, a mostra de arte contemporánea ou a aldea perdida da que nos contaron se xanta tan ben, entran a correr berrando no salón os nenos a lembrar, indirectamente, que eles teñen os seus propios intereses e necesidades e que o mesmo tamén lles gustaba ver algunha cousa. Aínda ben que algunha posibilidade hai. |
5 de setembro de 2006
Turismo Cara B: Na procura do castelo
Recuperamos os escenarios da revolta irmandiña neste camiño da Cara B
Na Idade Media, a baixa nobreza, os grupos burgueses urbanos, campesiños acomodados e clérigos constituíron irmandades para a defensa dos seus intereses fronte os abusos dos señores. Son os irmandiños e o obxectivo da súa loita era desposuír aos señores das súas riquezas. Os castelos estaban no seu punto de mira e hoxe recuperamos os escenarios da revolta irmandiña para propor unha ruta alternativa. |
31 de agosto de 2006
Turismo Cara B: Con Cunqueiro como guía
Álvaro Cunqueiro guíanos por Galicia a través da súa obra “Viaxes e Xantares por Galicia”
Todo o mundo ten unha viaxe máis especial que as demais. Non só polo propio lugar que se foi visitar, senón pola persoa coa que foi, a xente que coñeceu ou algunha anécdota. Hai viaxes físicas, pero tamén hai viaxes emocionais, que son máis intensas e máis vívidas. Por iso hoxe, dentro das nosas propostas de Turismo Cara B, mergúllamonos na literatura dos clásicos para ir por roteiros de sempre pero descubertos por alguén especial. Nesta viaxe por Galicia o guía é Álvaro Cunqueiro. |
16 de agosto de 2006
Turismo Cara B: á inversa
As aldeas abandonadas ou a piques de selo son unha proposta alternativa para amantes da tranquilidade
Un dos problemas estruturais de Galicia é o avellentamento da súa poboación, o crecente déficit demográfico e un continuado éxodo da xente do rural cara a cidade. O despoboamento das zonas rurais é unha realidade que parece irreversible e, dándolle a volta ao problema, pode converterse nunha interesante e curiosa ruta turística: visitar esas aldeas perdidas e condenadas ao esquecemento. |
3 de agosto de 2006
TURISMO CARA B: Na busca da maxia
A riqueza de lendas e crenzas do noso país constitúen un atractivo turístico de primeira orde
É sabido que contamos no noso país coa maior concentración de topónimos de Europa. E non é nada estraño que moitos deses lugares teñan vencelladas as súas lendas, ritos e historias, que proliferan tamén en Galicia cunha densidade excepcional. Este acervo cultural ten un grande potencial para atraer visitantes, sexa como un valor engadidos aos nosos atractivos turísticos, sexa como unha proposta alternativa para ver o país. |
27 de xullo de 2006
TURISMO CARA B: O Ciprianiño XXI
A busca de tesouros pode ser unha escusa axeitada para visitar paraxes naturais destacadas no noso país
Hai uns séculos, había unha caste de visitantes que percorrían o noso país na busca de tesouros. Maioritariamente ían armados con algunha das versións do "Ciprianiño", unha curiosa guía máxica que, entre outros contidos, achegaba vagas indicacións sobre como atopar riquezas agochadas baixo o chan galego. Agora, en pleno século XXI, outros visitantes veñen buscar os tesouros que se agochan nos nosos montes, agora armados cun GPS. |
20 de xullo de 2006
TURISMO CARA B: Segredos militares
As posibilidades turísticas das ruínas militares que se conservan en Galicia permanecen sen descubrir
Quilómetros de túneles subterráneos e escuros. Construcións de aspecto estraño e finalidade descoñecida. Zonas que durante anos foron de acceso restrinxido en paraxes remotos. Galicia está inzada de ruínas de antigas instalacións militares de diferentes épocas (e exércitos) que atraen visitantes aos que lles gusta percorrer estas curiosas edificacións. |
13 de xullo de 2006
TURISMO CARA B: Coa ollada no chan
A peculiar xeomorfoloxía de Galicia achega moitas posibilidades para ollar a paisaxe dun xeito distinto
Para alén de monumentos e do verdor das paisaxes, existe un enfoque alternativo á hora de visitar os recantos do noso país. Elementos da nosa xeomorfoloxía preséntase como un atractivo para o viaxeiro. E é que en Galicia contamos con formas únicas neste sentido. Mesmo a nosa costa é un dos poucos lugares do mundo onde se pode ver a cicatriz de como rachou Panxea. Seguimos a nosa serie a analizar outros xeitos de coñecer Galicia. |
6 de xullo de 2006
TURISMO CARA B: Na busca do endemismo
As visitas para ver especies animais ou vexetais únicas preséntanse como un xeito diferente de coñecer Galicia
Arrincamos o noso Turismo Cara B, unha serie de propostas para coñecer o noso país desde novos ángulos nestes meses de lecer. Unha das motivacións polas que viaxamos é para coñecer cousas que non se pode encontrar fóra dun determinado lugar. Apurando moito esa idea, hai xente que especializa as súas vacacións na busca de elementos irrepetibles, de experiencias únicas. Aínda pouco coñecido no noso país, hai viaxeiros que acoden a determinados lugares para coñecer eses atractivos naturais únicos: o florecer dunha planta no medio da montaña ou observar ese paxaro que só vive nunha remota zona da Península. Son os turistas de endemismos. |
|
|