Pechar X
culturagalega.org
roteiros


inicio > autores

Uxío Novoneyra

BIOGRAFÍA
Uxío Novoneyra nace o 19 de xaneiro do 1930 en Parada do Courel. Familia labrega. Infancia marcada pola Guerra Civil. A palabra fraternidade séntea en primeiro lugar cos campesiños. Bacherelato en Lugo. Apaixónase pola poesía oriental. Estudios de filosofía e Letras na Universidade de Madrid. En Santiago de Compostela achégase o pensamento marxista a través do pintor Carlos Maside, e á problemática da cuestión nacional sobre todo a través de Ramón Otero Pedrayo. Afirmaba ser partidario dun "nacionalismo defensivo e crítico". No 1955 publicación de Os eidos, un dos meirandes acontecementos literarios da Galiza no século XX. Entre 1962 e 1966 vive en Madrid, traballando na radio e na televisión. Encontro co grupo "Brais Pinto" e inicio dunha fonda amizade co pintor Reimundo Patiño. Época de descubrimento da xeración Beat ou da Action Painting. No 1966 aparecen as Elexías do Courel e outros poemas. No 1973 casa con Elva Rei. E o 1979 é o ano dos Poemas Caligráficos. Desde 1983 vive en Compostela. É elixido presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega. Do Courel a Compostela, data do ano 1988. E nos anos 90 as súas obras decisivas serán: Poemas da doada certeza (1994), Dos soños teimosos (1998) e Arrodeos e desvíos do Camiño de Santiago e outras rotas (1999). Fixo chegar, de xeito inventivo, a palabra poética moi lonxe. "Seguro do espacio e da luz", declara un dos seus poemas. "Creo que Ulises sería parecido a ti", díxolle un día Rafael Alberti. Uxío Novoneyra finou o 30 de outubro do 1999. No mesmo intre no que era enterrado -provisionalmente- no camposanto de Lugo, soaban as campás das aldeas da Serra do Courel.

Casas Vales, Arturo (edit): Antoloxía Consultada da Poesía Galega 1976 – 2000. Tris Tram, Lugo 2003.

Familia e amizadesAgosto 1996Novoneyra en 1974NovoneyraCon amigosCon Carlos OrozaCon BoroboCun amigo de ParadaA cabalo con amigos polo CourelNun recanto do courel


Familia e amizades

Familia e amizades

Agosto 1996

Agosto 1996

Imaxe de Novoneyra no Courel en agosto de 1996 feita por Ayako Sugitani

Novoneyra en 1974

Novoneyra en 1974

Novoneyra en 1974

Novoneyra

Novoneyra

Con amigos

Con amigos

Novoneyra con varios amigos

Con Carlos Oroza

Con Carlos Oroza

Novoneyra con Carlos Oroza

Con Borobo

Con Borobo

Novoneyra con Borobo, un dos seus fillo e filla

Cun amigo de Parada

Cun amigo de Parada

Novoneyra co labrego de Parada Jose de Cospeto

A cabalo con amigos polo Courel

A cabalo con amigos polo Courel

Novoneyra a cabalo con dous amigos polo Courel

Nun recanto do courel

Nun recanto do courel

Novoneyra nun recanto do Courel


roteiros relacionados

NOME:  Uxío
APELIDOS:  Novoneyra
ALCUME:  Uxío Novoneyra
DATA DE NACEMENTO:  1930-01-19
DATA DA MORTE:  1999-10-30
LUGAR DE NACEMENTO:  Parada - Folgoso do Courel (Lugo)
LUGAR DA MORTE:  Santiago de Compostela

Novoneyra


Aviso legal | Contacto | O equipo do portal | Licenza de uso
redaccion@culturagalega.org I T: +34 981 957202 | F: +34 981957205 |
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org

Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org