Pechar X
culturagalega.org
roteiros


inicio > buscador

5  achados  asociados a puntos de interese do tipo

Xeración das Festas Minervais

Trátase de escritores nados entre 1930 e 1940 que coinciden en 1953 en Santiago de Compostela recuperando celebracións de tradición barroca; e, en concreto, de autores como Manuel María, Bernardino Graña, Xosé Luís Franco Grande, Xohana Torres, Méndez Ferrín ou Uxío Nononeyra, a quen se lle dedican as Letras Galegas 2010..

Uxío Novoneyra no Courel

O percorrido transcorre polo seu concello natal, Folgoso, achegándose ata Pedrafita do Cebreiro, berce da súa familia materna. Aldeas, castros, montes, soutos, covas ou minas amósannos un contorno privilexiado que nos darán unha clara visión sobre o que foi a vida e a obra dun dos grandes bardos do século XX.

Ruinas romanas   Romeor e o túnel romano

Pero para Novoneyra, ademais de ser o lugar que propiciou a amizade coa noiesa en Parada, foi un dos núcleos referenciado na súa obra a través de persoa de Ildara, fiadora e cantareira. Xunto a isto, na actualidade a sona do lugar ven dada polo Túnel da Louseira, que formou parte das canalizacións romanas para levar auga ás minas de ouro de Millares e Torubio no século II.

Capela   Piñeira e a Mina da Toca

A fenda aberta no monte posúe case 700 metros de lonxitude por 92 de ancho e 40 de profundidade. Un dos mellores accesos a pé pódese facer desde a aldea de Piñeira, na que se conservan moitas vivendas tradicionais de lousas, así como a pequena capela porticada, o lavadoiro e diversas alvarizas.

Uxío

Familia labrega. Infancia marcada pola Guerra Civil.






         
Puntos de interese:
Percorrido:

Aviso legal | Contacto | O equipo do portal | Licenza de uso
redaccion@culturagalega.org I T: +34 981 957202 | F: +34 981957205 |
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org

Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org