Pechar X
culturagalega.org
roteiros


inicio > buscador

16  achados  asociados a puntos de interese do tipo

Xeración das Festas Minervais

Trátase de escritores nados entre 1930 e 1940 que coinciden en 1953 en Santiago de Compostela recuperando celebracións de tradición barroca; e, en concreto, de autores como Manuel María, Bernardino Graña, Xosé Luís Franco Grande, Xohana Torres, Méndez Ferrín ou Uxío Nononeyra, a quen se lle dedican as Letras Galegas 2010..

Xeración Nós

A creación do grupo, formado por autores como como Vicente Risco, Castelao, López Cuevillas ou Otero Pedrayo, provocou un avance definitivo na cultura galega en diversos eidos. Tomando como base o Cenáculo Ourensán, os antecedentes históricos e políticos de Nós están nas Irmandades da Fala, fundada anos antes na Coruña para loitar pola recuperación política e económica.

Uxío Novoneyra no Courel

O percorrido transcorre polo seu concello natal, Folgoso, achegándose ata Pedrafita do Cebreiro, berce da súa familia materna. Aldeas, castros, montes, soutos, covas ou minas amósannos un contorno privilexiado que nos darán unha clara visión sobre o que foi a vida e a obra dun dos grandes bardos do século XX.

Castelao en Pontevedra

Neste último eido son salientables as escenografías e a fundación do Museo Provincial co seu gran amigo Losada Diéguez. A súa estadía na cidade do Lérez podemos coñecela seguindo o percorrido do Roteiro que nos ocupa, desde os seus centros de traballo, pasando polos de ocio ou polos residenciais.






        1 2 3 4 [Seguinte] [Último]
Puntos de interese:
Percorrido:

Aviso legal | Contacto | O equipo do portal | Licenza de uso
redaccion@culturagalega.org I T: +34 981 957202 | F: +34 981957205 |
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org

Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org