Pechar X
culturagalega.org
roteiros

inicio >Rosalía de Castro >Puntos de interese

Rosalía de Castro

Espazo Literario   Iria Flavia


Aquí podemos visitar a Colexiata, considerada a primeira catedral de España, que se atopa rodeada por un fermoso adro no que está o Cemiterio de Adina. Este camposanto é mencionado por Rosalía nun dos seus poemas, e aquí estivo soterrada de 1885 a 1891, cuxa tumba aínda está sinalizada. Tamén se atopa a do célebre escritor Camilo José Cela, que conta cunha fundación propia situada en fronte á Colexiata.
Enderezo: Iria Flavia, s/n - 15917 Santa María de Iria Flavia - Padrón. A Coruña.

Cemiterio de AdinaColexiata de Iria FlaviaTímpano da Colexiata de Iria FlaviaTumba de Camilo José CelaFundación Camilo José CelaIgrexa da EscravitudePanorama Iria Flavia


Cemiterio de Adina

Cemiterio de Adina

Neste cemiterio, situado xunto á Colexiata de Iria Flavia, foi soterrada Rosalía de Castro tras a súa morte, e a súa tumba estivo alí situada ata 1891, ano en que se trasladou ó actual Panteón de Galegos Ilustres (Santiago de Compostela). Actualmente, a antiga tumba de Rosalía segue estando sinalizada neste cemiterio.

Colexiata de Iria Flavia

Colexiata de Iria Flavia

Fachada principal da Colexiata de Iria Flavia. Segundo a tradición, foi a primeira catedral de España. Xunto a ela está situado o cemiterio de Adina.

Tímpano da Colexiata de Iria Flavia

Tímpano da Colexiata de Iria Flavia

Este tímpano sitúase na fachada principal da Colexiata de Iria Flavia, e ten unha representación da Ascensión.

Tumba de Camilo José Cela

Tumba de Camilo José Cela

No mesmo cemiterio de Adina, onde estivo enterrada Rosalía de Castro, atópase na actualidade a tumba do célebre escritor Camilo José Cela. Atópase xunto a unha oliveira centenaria, tal e como foi o seu desexo.

Fundación Camilo José Cela

Fundación Camilo José Cela

Fachada principal do edificio que alberga a Fundación Camilo José Cela, en Iria Flavia (Padrón), situado fronte á Colexiata.

Igrexa da Escravitude

Igrexa da Escravitude

Este santuario foi levantado entre 1732 e 1743 sobre a fonte ante a que, en 1732, tivo lugar un milagre que motivou a súa construción. As donacións fixeron posible a construción dun gran santuario barroco, con planta de cruz latina e nave única.

Panorama Iria Flavia

Vista panorámica de Iria Flavia


<< volve ao roteiro

<< anterior         seguinte >>

Tipo: Espazo Literario
Roteiros: Rosalía de Castro


posicion POSICIÓN:


Aviso legal | Contacto | O equipo do portal | Licenza de uso | Contactar coa redaccin:
redaccion@culturagalega.org I T: +34 981 957202 | F: +34 981957205 |
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org

Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org