Pechar X
roteiros
Otero Pedrayo no rural ourensán

Co Roteiro Pedrayo visitaremos zonas das comarcas de Ourense, O Carballiño e O Ribeiro, con especial fincapé nos Chaos de Amoeiro. Nestas terras, delimitadas pola Serra Martiñá e polos ríos Miño e Barbantiño, acrecentouse a sensibilidade do escritor cara ao rural e a cultura popular. Os acontecementos que se produciron na súa época, tales como a ruptura das estruturas do Antigo Réxime ou a decadencia do poder da Igrexa, reflectiron de xeito directo na vida e obra de Ramón Otero e, a súa vez, na creación do itinerario.

[-] puntos de interese
Espazo Literario   Conxunto histórico - artístico de Ribadavia

A capital do Ribeiro do Avia é unha das vilas vitivinícolas europeas de maior antigüedade, comenzando a sua andadura no século IX. O conxunto histórico - artístico servíu de marco escenográfico para a viaxe de Frei Don Veremundo e o seu mordomo Fortunato. Ambos personaxes visitan Floravia, que non é outra que a vila ribadaviense, así como os partidos achegados, na farsada dramática de O Desengano do Prioiro. A praza maior ou o castelo son algúns dos escenarios dom paseo nocturno.
Enderezo: Ribadavia, s/n 32415 - Ribadavia Ourense.
Espazo Literario   Reitoral de Campo Redondo

A reitoral de Santo André de Campo Redondo foi un antigo priorado que o mosteiro de San Martiño Pinario sustentaba no Ribeiro. Trátase dunha espléndida arquitectura clasicista do século XVIII, utilizada como lugar de almacenamento do viño. Destaca a súa bodega, coñecida como Cueva. Otero, entusiasta do viño e demais produtos do Ribeiro, refírese a ela como sobranceiro expoñente da arquitectura pacega. A obra foi restaurada recentemente co fin de albergar o Museo do viño de Galicia.
Enderezo: Santo André, s/n - 32415 Santo André de Campo Redondo Ribadavia.
Mosteiro   Mosteiro de San Clodio

Otero no ensaio sobre a cultura galega expresa que Galicia é un país de mosteiros desde o século X. San Clodio ou Oseira representan o poder perdido da Igrexa, nunha sociedade galega en plena transformación a finais do XIX. No mosteiro de San Clodio destaca a súa igrexa, que conserva unha das tres fachadas orixinais do císter en Galicia. Este monumento histórico nacional é declarado BIC en 1981, e actualmente funciona como hotel, convertíndose no primeiro Hotel-Monumento de Galicia.
Enderezo: San Clodio, s/n - 32420 Santa María de San Clodio Leiro. Ourense.
Espazo Literario   Ponte das Poldras sobre o río Avia

No baixo ribeiro do Avia sitúase o concello de Leiro. O río, afluente do Miño, está atravesado por varias pontes, como a das Poldras, punto de inicio do coto de pesca de Ribadavia, ademais de servir de paso entre a vila de Leiro e o Mosteiro de San Clodio. Esta pontella, recollida na obra Os ríos galegos, igual que a súa homónima de Xinzo, van ser recursos xeográficos recollidos na prosa de Pedrayo en O mesón dos ermos.
Enderezo: Leiro, s/n - 32420 Leiro - Ourense.
Pazo   Casa de O Cabido

Cabanelas, bordeada polos ríos Arenteiro e Avia, é un dos espazos de referencia na obra de Pedrayo, centro de bo viño tinto do ribeiro. Destaca a casa de O Cabido, que se alza preto da igrexa, pertencente á familia Quiroga. O primeiro piso destínase a vivenda, sendo utilizado o baixo como bodega. Un dos seus propietarios foi José Quiroga, marido de Pardo Bazán. A construción foi executada en dúas fases, tendo maior antigüidade a parte onde se levanta a solaina con balaustrada de pedra.
Enderezo: Suasventanas, s/n - 32516 San Xoán de Cabanelas O Carballiño
Espazo biográfico   Pazos de Arenteiro

Pedrayo, en O libro dos amigos, evoca o día que pasou en Boborás con Risco e Losada, en Moldes e gozando da ponte ilustre e das adegas de Pazos de Arenteiro . O lugar foi declarado conxunto histórico en 1973, tendo no seu haber un gran número de construcións pacegas, das que Otero salienta o pazo dos Cervela. Sobresae a románica igrexa de San Salvador, que formou parte dun antigo mosteiro. O viño foi elemento singular da zona, a fonte de riqueza que propiciou a proliferación dos pazos.
Enderezo: Pazos de Arenteiro - 32154 - San Salvador de Pazos de Arenteiro. Ourense.
Espazo biográfico   Igrexa de San Mamede de Moldes

Sobre o castro de San Mamede de Moldes, álzase a antiga parroquial. Trátase du templo románico, que supuxo a cristianización do pagán espazo arqueolóxico, executada polos templarios. A igrexa representa o gusto oteriano pola súa Galicia celta, románica e barroca. No interior repousan os restos do seu amigo Losada Diéguez, con quen coincidía habitualmente no Ateneo madrileño ou no coche de Andrés, o cocheiro do Carballiño. Losada foi o principal impulsor de Pedrayo no compromiso con Galicia.
Enderezo: Moldes s/n - 32514 San Mamede de Moldes - Boborás. Ourense.
Igrexa   Templo de Veracruz

O templo da Vera Cruz é un dos referentes do Carballiño, concello evocado frecuentemente na obra de Pedrayo. O escritor de Trasalba recolle o monumento na súa Guía de Galicia, alabando o gusto do arquitecto Antonio Palacios e a expresividade do proxecto, que sintetiza diversos estilos artísticos. A obra, promovida polo párroco D. Evaristo Vaamonde, enterrado na cripta, foi concebida como un centro de peregrinación para a visita dun fragmento da Cruz de Cristo conservada na vila.
Enderezo: R. Evaristo Vaamonde, s/n - 32500 O Carballiño. Ourense.
Punto de paso   Pazo das Condomas

Don Caetano, o señor dos Pazo da Seara en Os Camiños da Vida, divisaba desde a solaina a paisaxe de montaña, que pecha aos Chaos de Amoeiro, e os soutos das Condomas, aló por riba de Maside . De aquí tamén era o Fidalgo, protagonista dun poema de Bocarribeira. A obra, destacada na Guía de Galicia, foi fundada por don Bieito da Peña no s XVII, conservándose na familia por liña feminina. Cabe salientar a cheminea e a ponte pétrea que une o pazo coas construcións anexas.
Enderezo: R. Principal, 105 32570 - Maside. Ourense.
Castros   Castro de San Fagundo

Pedrayo sentía unha grande admiración pola Galicia quot;celta quot;. Así, do veciño concello de Cea, ademais de salientar o mosteiro de Oseira e o pan de trigo do país, destaca a existencia do cristianizado castro de San Fagundo, culminado cunha cruz pétrea. Sobre este, recolle unha lenda que di que no castro se defenderon os santos Fagundo e Primitivo dos mouros, morrendo mil mártires na batalla. De feito, segundo a tradición, as reliquias de ditos beatos están moi próximas, na Catedral de Ourense.
Enderezo: San Fagundo, s/n 32135 - San Cristovo de Cea. Ourense.
Punto de paso   Santuario da Saleta

En palabras de Otero Pedrayo, Cea é un importante pobo, notable pola súa industria de pan de trigo do país, pola súa romaría da Virxe da Saleta, os castros do contorno (San Facundo)... A tradición polas festas en honra á Saleta comenza en 1908, data en que se edificou o templo, promovido pola veciñanza co apoio do párroco Don Jesús Gómez Alanís. O día 10 de agosto acodía toda a poboación a cear ao pé da devandita capela á luz do candil.
Enderezo: Cea, s/n - 32130 - San Cristovo de Cea. Ourense.
Mosteiro   Mosteiro de Oseira

A orde monástica está presente en As Onzas, conto previo á súa primeira novela, Os camiños da vida. Nesta segunda, un dos personaxes é un monxe exclaustrado de Oseira, quen narra a historia das orixes do mosteiro. A estreita relación de Pedrayo con Oseira pode lerse nunha carta a súa nai en 1956, onde comenta o encontro co abade do mosteiro en Madrid - señor muy fino y afectuoso que siente por mi gran simpatía . A comunidade cisterciense recibiu o premio Otero Pedrayo en 1997.
Enderezo: Oseira, s/n - 32135 - San Cristovo de Cea. Ourense.
Horario: Aberto de Luns a Sábados, ás 10:00, 11:00, 12:00 e ás 15:30, 16:30 e 17:30 horas; e Domingos e Festivos, ás 12:45 horas.
Prezos: 3,00 euro;
Ponte   Ponte Mandrás

A Ponte Mandrás é un elemento patrimonial que Otero traslada a súa obra como un referente xeográfico que une Amoeiro e Cea en Os Camiños da Vida. Situada no Barbantiño, linde natural polo oeste dos Chaos, poida que se construíra no século XIII como alternativa ao Camiño Real de Ourense a Santiago, evitando os portádegos que tiña. Proseguindo o río cara a Santa Baia, atopamos no linde con Maside outra ponte medieval, a de San Fiz, novo recurso literario en Pedrayo.
Enderezo: Ponte Mandrás, s/n - 32135 San Cristovo de Cea. Ourense.
Pazo   Pazo da Martinga

O fidalgo, o vinculeiro ou os señores da Martinga son protagonistas de múltiples obras de Ramón Otero como Teatro de máscaras, Bocarribeira ou Os camiños da vida. Pero a literatura de Pedrayo volve a ter o seu reflexo na realidade, pois cerca da súa vivenda de Trasalba existe unha casa coñecida co mesmo nome, en Casar do Mato (Ou); malia que máis importante é o pazo que se sitúa en Cornoces, próximo ao río Barbantiño, onde se espallan os recendos e cromáticas ribeiráns.
Enderezo: Cornoces, s/n - 32172 Amoeiro. Ourense.
Igrexa   Igrexa de San Mariño de Cornoces

A igrexa de San Martiño de Cornoces sitúase nos Chaos de Amoeiro, no linde co concello de San Cristovo de Cea. Consagrada no ano 1200, segundo di unha longa inscrición da fachada sur, conserva varios elementos románicos, destacado estilo artístico para Pedrayo. Ademais, o escritor volve a reflectir nas súas obras o lugar, como en Os Camiños da Vida, onde o abade de Cornoces era amigo do monxe de Oseira; ou nas campás que badalean nun poema de Bocarribeira.
Enderezo: Cornoces, s/n - 32172 Amoeiro. Ourense.
Punto de paso   Pazo de Cornoces. Residencia Santa Catalina

Para Ramón Otero, o Pazo de Cornoces é un exemplo de construción pacega da bocarribeira dos Chaos de Amoeiro. A documentación histórica máis antiga atopada data de 1779, ano no que era propiedade de Juan de Porras Figueroa y Calderón. Un século despois, é doado a unha institución relixiosa, sendo colexio e residencia das hermanitas de la Caridad, como escribe Pedrayo, acollendo desde 1978 a persoas con deficiencias psíquicas.
Enderezo: Cornoces, s/n - 32172 Amoeiro. Ourense.
Espazo Literario   Priorado de Bóveda de Amoeiro

Na obra literaria de Pedrayo aparecen múltiples referencias a antigos priorados de Ourense. Un deles, do que se conservan varios restos, localízase en Bóveda de Amoeiro. A súa importancia radica en que foi un dos primeiros mosteiros galegos dependentes do Císter que logo se convertirá en priorado do Mosteiro de San Clodio. Xunto coa casa relixiosa, a parroquia forma parte tamén das súas composicións poéticas: En Bóveda de Amoeiro rolaba o trono das fontes e raiolaba o luceiro
Enderezo: O Priorato, s/n - 32172 Bóveda de Amoeiro - Amoeiro. Ourense.
Punto de paso   Ponte dos Frades

A Ponte dos Frades é unha obras de enxeñaría situada no centro dos Chaos de Amoeiro que favorece a comunicación entre varios concellos ourensáns. Ademais, a construción volve a ser un referente xeográfico na obra de Otero Pedrayo: o primeiro lugar no que atopou ao quot;vello quot; protagonista do conto O Vello e mailo río; un punto de paso no camiño que fai o monxe de Oseira cara ao Priorado da Granxa en Os Camiños da Vida e mesmo un verso dun poema de Bocarribeira.
Enderezo: Estrada a Fontefría, s/n - 32172 Amoeiro. Ourense.
Igrexa   Igrexa de San Pedro de Trasalba

A Igrexa de San Pedro, próxima á Casa Grande de Cima de Vila, foi o lugar no que se bautizou Ramón Otero Sotelo, pai de Otero Pedrayo. O templo tamén era moi frecuentado pola súa nai durante as estadías en Trasalba. A construción posúe numerosos elementos románicos, un dos tres momentos artísticos únicos en Galicia para Pedrayo, xunto co quot;céltico quot; e o barroco. Para el, o campo sempre é románico, e viaxando polas parroquias campesiñas apréndese a interpretalo.
Enderezo: Trasalba, s/n - 32172 Trasalba - Amoeiro. Ourense.
Casa Museo   Casa Grande de Cima de Vila

A Casa Grande, erixida a finais do século XVIII por un devanceiro de Otero Pedrayo, era usada pola familia como vivenda de verán. Será neste lugar no que se acrecente a sensibilidade do escritor coa cultura popular transmitida, segundo el, pola súa avoa paterna. Pero ademais, tras ser expedientado e cesado como catedrático, a residencia será o seu refuxio durante a Guerra Civil e a súa morada despois de xubilarse. Construtivamente, cabe sinalar que unha das solainas foi deseñada por Castelao.
Enderezo: Trasalba, 66 - 32172 Trasalba - Amoeiro. Ourense.
Horario: Aberto de Martes a Domingo, de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas, en verán (de maio a setembro); e de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00 horas, en inverno (de outubro a abril)
Prezos: Gratuíto
Pazo   Pazo Gaión ou do Campo

O tamén coñecido como Pazo de Trasalba, linda coa casa familiar de Otero Pedrayo, liñaxe á que pertenceu durante varios anos. De feito, a principios do século XX, Eladia Pedrayo cédeo como escola na que impartirá clases o mestre e poeta Noriega Varela. Pero ademais, o Pazo do Gaión será inspiración literaria para Ramón Otero en obras como Os camiños da vida, exemplificado no da Seara no que residen os Doncos; ou en lendas como a do Criado da Casona do Campo.
Enderezo: Trasalba, 64 - 32172 Trasalba - Amoeiro. Ourense.
Espazo Literario   Priorado de Arrabaldo

En Os camiños da vida, o escritor de Trasalba introduce a un monxe exclaustrado como personaxe, quen se dirixe ao priorado da Granxa en Santa Cruz de Arrabaldo, situado a poucos quilómetros da casa patrucial Oteriana. Este mesmo lugar vai ser o protagonista do conto de O Maroutallo, cuxa historia se desenvolve no contorno da Granxa. O priorado foi un dos máis importantes que o mosteiro de Oseira posuía, a cuxo cenobio pertenceu antano o padriño de Pedrayo.
Enderezo: A Granxa, s/n - 32990 Santa Cruz de Arrabaldo - Ourense.
Espazo biográfico   Pazo de Jáudenes

Ademais de ser un destacado elemento de Punxín para Otero, o pazo de Jáudenes era a residencia das súas amigas Amalia e Elisa Sarmiento. Ía a visitalas con frecuencia. De feito, no artigo que escribe sobre Losada Diéguez, conta a sorpresa que lle causou a este velo en Punxín diante do Pazo dos Sarmento co avogado Severo Arribas, home de Elisa. O edificio, que ten planta en forma de L e dúas alturas, posúe unha inscrición co ano de 1663, suposta data de construción.
Enderezo: A Forxa, 30 - 32456 Punxín - Ourense.
Igrexa   Igrexa de Santa María de Punxín

Desde a solaina da Casa Grande, Otero escoitaba as campanas de Punxín zoando no fondo val. Pero a Igrexa de Santa María, máis que polos seus sinos, é famosa por acoller a tumba do beato Wintila. O anacoreta viviu, segundo di unha inscrición do sartego, durante o reinado de Afonso III. A tradición venérao como protector das colleitas e dos animais nunha romaría que se celebra despois da Pascua. E da realidade, de novo á literatura, con Wintila aparecendo en obras como Pantelas, home libre
Enderezo: A Forxa, s/n - 32456 Punxín Ourense.
Montaña   Monte de San Trocado

Desde a solaina da Casa Grande de Cima de Vila, Ramón Otero divisaba fermosas paisaxes: serras, montes, cotos e pobos. Ourantes era un deles, ao pé do coto céltico do Santrocado, época que, xunto á románica e á barroca, sérvenlle a Pedrayo para explicar Galicia. O asentamento castrexo , próximo á citania de San Cibrán de Lás, xa estaba abandonado cando se comezou a construír este. Na actualidade, unha pequena capela e un vértice xeodésico coroan a croa, cunhas espectaculares vistas do Miño.
Enderezo: San Trocado, s/n - 32452 Ourantes Punxín.
[-] itinerario

Estrada descoñecida
700 m (arredor de 1 min)
1. Diríxase a sur 52 m
2. Xire á esquerda cara á OU-0522 84 m
3. Colle a 1º á dereita en OU-0522 400 m
4. Colle a 1º á dereita
O destino está á esquerda
160 m
Estrada descoñecida
14,1 km (arredor de 22 mins)
1. Diríxase a nordeste cara á OU-0522 160 m
2. Xire á esquerda en OU-0522 2,8 km
3. Continúa ata OU-0523 2,1 km
4. Xire á dereita en OU-0524 3,0 km
5. Xire á dereita en Calle de Orense/OU-0526
Continúe na OU-0526
2,7 km
6. Xire á esquerda en OU-0525 3,2 km
7. Xire á dereita 210 m
Estrada descoñecida
14,0 km (arredor de 22 mins)
1. Diríxase a noroeste cara á OU-0525 210 m
2. Xire á esquerda en OU-0525 3,2 km
3. Xire á dereita en OU-0526 2,7 km
4. Xire á esquerda en Calle de Santiago/OU-0524
Continúe na OU-0524
2,0 km
5. Curva lixeira á dereita en Rúa do Vigo/OU-0524
Continúe na OU-0524
1,1 km
6. Colle a 1º á esquerda en OU-0523 2,1 km
7. Continúe recto cara á OU-0522 2,2 km
8. Curva lixeira á esquerda para permanecer na OU-0522 550 m
9. Colle a 3º á dereita
O destino está á dereita
45 m
Estrada descoñecida
2,8 km (arredor de 3 mins)
1. Diríxase a leste cara á OU-0522 45 m
2. Xire á esquerda en OU-0522
O destino está á dereita
2,7 km
OU-0522
6,1 km (arredor de 11 mins)
1. Diríxase ó norte pola OU-0522 43 m
2. Continúa ata OU-0523 2,1 km
3. Xire á dereita en OU-0524 2,5 km
4. Curva lixeira á esquerda en Calle del Campo do Souto 220 m
5. Continúe recto cara á Calle de Sta Catalina 700 m
6. Continúa ata Calle de Poutás 450 m
7. Xire á dereita 97 m
Estrada descoñecida
550 m (arredor de 1 min)
1. Diríxase a oeste 97 m
2. Xire á esquerda
O destino está á esquerda
450 m
Estrada descoñecida
550 m (arredor de 1 min)
1. Diríxase a noroeste 550 m
Estrada descoñecida
14,4 km (arredor de 20 mins)
1. Diríxase a sur cara á Calle de Poutás 600 m
2. Continúe recto cara á Calle de Sta Catalina 650 m
3. Xire á esquerda en Travesía de los Bazacos 200 m
4. Travesía de los Bazacos xira lixeiramente á esquerda e se converte na Calle del Piñeiral 98 m
5. Xire á esquerda en Calle de Santiago/OU-0524
Continúe na OU-0524
3,8 km
6. Xire á esquerda en N-525 5,7 km
7. Xire á esquerda en OU-0456
O destino está á esquerda
3,4 km
Estrada descoñecida
28,6 km (arredor de 39 mins)
1. Diríxase a noroeste cara á OU-0456 500 m
2. Colle a 1º á esquerda 4,5 km
3. Xire á esquerda en Ctra Santiago-Ourense/N-525 1,0 km
4. Colle a 1º á esquerda en Antigua Carretera OU-412/OU-0405 4,2 km
5. Xire á esquerda para permanecer na Antigua Carretera OU-412/OU-0405 3,6 km
6. Xire á esquerda para permanecer na Antigua Carretera OU-412/OU-0405 79 m
7. Colle a 1º á esquerda en N-541 7,5 km
8. Xire á dereita cara á Antigua Carretera OU-638/OU-0410 900 m
9. Xire á dereita en Antigua Carretera OU-638/OU-0410 3,9 km
10. Curva lixeira á dereita para permanecer na Antigua Carretera OU-638/OU-0410 500 m
11. Xire á esquerda 850 m
12. Xire á dereita
O destino está á esquerda
1,2 km
Estrada descoñecida
8,4 km (arredor de 14 mins)
1. Diríxase a suroeste 1,2 km
2. Xire á esquerda cara á Antigua Carretera OU-638/OU-0410 850 m
3. Xire á dereita en Antigua Carretera OU-638/OU-0410 4,4 km
4. Xire á esquerda cara á N-541 900 m
5. Xire á esquerda en N-541 1,0 km
Carretera de Barbantes/N-541
120 m
1. Diríxase a norte na Carretera de Barbantes/N-541 cara á Calle de la Forxa 100 m
2. Colle a 2º á dereita en Camino Forxa-San Roque
O destino está á dereita
22 m
Camino Forxa-San Roque
18,7 km (arredor de 19 mins)
1. Diríxase a sur na Camino Forxa-San Roque cara á Carretera de Barbantes/N-541 22 m
2. Xire á esquerda en Carretera de Barbantes/N-541
Continúe na N-541
2,4 km
3. Xire á dereita para incorporarse á N-120 500 m
4. Incorpórese á A-52 mediante a rampla cara a Ribadavia/Vigo 11,9 km
5. Tome a saída 252 350 m
6. Na glorieta, tome a saída segunda cara a N-120/Vigo/Ribadavia/Carballiño 2,8 km
7. Curva lixeira á esquerda en Calle de la Oliveira 210 m
8. Xire á dereita en Rúa de Progreso/OU-406 290 m
9. Xire á esquerda en Calle de los Extramuros
O destino está á esquerda
260 m
Calle de los Extramuros
44,7 km (arredor de 42 mins)
1. Diríxase a norte na Calle de los Extramuros cara á Calle de Plaza Buxan 190 m
2. Colle a 2º á dereita para ir a Calle de los Extramuros 77 m
3. Colle a 1º á dereita en Porta da Vila 73 m
4. Colle a 1º á dereita en Rúa de Progreso/OU-406
Continúe na OU-406
400 m
5. Colle a 3º á dereita en Calle de Hermanos álvarez Araujo/OU-406
Continúe na OU-406
2,4 km
6. Na glorieta, tome a saída cuarta cara á rampla A-52 en dirección a Ourense 350 m
7. Incorpórese á A-52 12,5 km
8. Tome a saída 240 cara á OU-402 en dirección a Cortegada 260 m
9. Na glorieta, tome a saída terceira cara á Antigua Carretera OR-402/OU-402 en dirección a Cortegada 290 m
10. Na glorieta, tome a saída segunda cara á rampla AG-53 400 m
11. Incorpórese á AG-53 13,0 km
12. Tome a saída 650 m
13. Continúe recto 300 m
14. Na glorieta, tome a saída Primeira cara á OU-504 3,8 km
15. Tome a rampla cara a Ctra Santiago-Ourense/N-525 350 m
16. Xire á dereita en OU-160 31 m
17. Xire á dereita para permanecer na OU-160 850 m
18. Xire á esquerda en Antigua Carretera OU-343/OU-0406 8,9 km
Antigua Carretera OU-343/OU-0406
8,8 km (arredor de 10 mins)
1. Diríxase ó sur pola Antigua Carretera OU-343/OU-0406 8,7 km
2. Xire á dereita
O destino está á dereita
20 m
Estrada descoñecida
3,5 km (arredor de 9 mins)
1. Diríxase a sur cara á Antigua Carretera OU-343/OU-0406 49 m
2. Xire á dereita en Antigua Carretera OU-343/OU-0406 120 m
3. Xire á dereita en Calle de José Antonio/OU-160 650 m
4. Xire á esquerda cara á OU-504 250 m
5. Curva pechada á dereita en OU-504 1,9 km
6. Xire á esquerda 63 m
7. Colle a 1º á dereita 300 m
8. Xire á esquerda 200 m
Estrada descoñecida
9,0 km (arredor de 13 mins)
1. Diríxase a nordeste 88 m
2. Colle a 1º á esquerda cara a OU-504 230 m
3. Xire á esquerda cara á OU-504 180 m
4. Xire á esquerda en OU-504
Atravese unha glorieta
5,3 km
5. Tome a rampla cara a N-541 190 m
6. Xire á esquerda en N-541 2,8 km
7. Curva lixeira á dereita en Calle Principal
O destino está á dereita
170 m
Calle Principal
4,5 km (arredor de 7 mins)
1. Diríxase a noroeste na Calle Principal cara á N-541 140 m
2. Xire á esquerda en N-541 4,1 km
3. Xire á esquerda en Calle de Evaristo Vaamonde 250 m
Calle de Evaristo Vaamonde
11,5 km (arredor de 12 mins)
1. Diríxase a norte na Calle de Evaristo Vaamonde cara á Calle de Lorenzo Eusebio 250 m
2. Xire á dereita en Calle de 25 de Xullo/N-541
Continúe na N-541
1,2 km
3. Tome a rampla cara a OU-504 7,2 km
4. Xire á dereita en OU-0413 74 m
5. Curva pechada á dereita para permanecer na OU-0413
O destino está á dereita
2,7 km
OU-0413
10,7 km (arredor de 14 mins)
1. Diríxase ó sureste pola OU-0413 2,7 km
2. Curva pechada á esquerda para permanecer na OU-0413 74 m
3. Xire á dereita en OU-504 4,4 km
4. Xire á esquerda cara á OU-211 73 m
5. Curva lixeira á dereita en OU-211 3,0 km
6. Xire á esquerda
O destino está á dereita
400 m
Estrada descoñecida
7,0 km (arredor de 10 mins)
1. Diríxase a noroeste cara á OU-211 400 m
2. Xire á dereita en OU-211 400 m
3. Curva lixeira á esquerda para permanecer na OU-211 2,6 km
4. Curva lixeira á esquerda para permanecer na OU-211 55 m
5. Xire á esquerda en OU-504 300 m
6. Xire á dereita en OU-209 2,7 km
7. Xire á dereita en Camiño Cruceiro do Olmo 450 m
8. Xire á dereita en Plaza Campo da Feria 55 m
Plaza Campo da Feria
15,5 km (arredor de 20 mins)
1. Diríxase a noroeste na Plaza Campo da Feria cara á Camino Campo da Feria 55 m
2. Xire á dereita en Calle Padre Eiján 290 m
3. Xire á dereita en Calle de Gabino Bugallal/OU-209 400 m
4. Xire á esquerda en Ctra de Osebe/OU-0414
Continúe na OU-0414
4,6 km
5. Xire á esquerda en Antigua Carretera OU-60/OU-0414 750 m
6. Xire á dereita para permanecer na Antigua Carretera OU-60/OU-0414 6,1 km
7. Xire á dereita en N-541 2,1 km
8. Xire á dereita 1,1 km
Estrada descoñecida
10,2 km (arredor de 14 mins)
1. Diríxase a noroeste cara á N-541 1,1 km
2. Xire á esquerda en N-541 2,1 km
3. Xire á esquerda en Antigua Carretera OU-60/Ctra de Cameixa a Almuzara/OU-0414
Continúe na Antigua Carretera OU-60/OU-0414
6,1 km
4. Xire á esquerda para permanecer na Antigua Carretera OU-60/OU-0414 750 m
5. Xire á esquerda 50 m
Estrada descoñecida
27,5 km (arredor de 31 mins)
1. Diríxase a suroeste cara á Antigua Carretera OU-60/OU-0414 50 m
2. Continúe recto cara á Antigua Carretera OU-60/OU-0414
Continúe na OU-0414
4,6 km
3. Xire á esquerda en Calle Ponte de Esperela/OU-209 450 m
4. Xire á esquerda en OU-504 8,2 km
5. Tome a rampla cara a N-541 250 m
6. Xire á dereita en N-541 11,9 km
7. Saia cara á N-120 1,7 km
8. Xire á esquerda en Calle de la Granxa 230 m
9. Colle a 1º á dereita en Calle de Poutas
O destino está á dereita
70 m
Calle de Poutas
.
Datos do mapa ©2010 Tele Atlas

Calle de Poutas
24,4 km (arredor de 25 mins)
1. Diríxase a oeste na Calle de Poutas cara á Calle de la Granxa 70 m
2. Xire á esquerda en Calle de la Granxa 230 m
3. Xire á dereita en Calle de la Estrada Vella/N-120
Continúe na N-120
1,9 km
4. Incorpórese á A-52 mediante a rampla cara a Ribadavia/Vigo 11,9 km
5. Tome a saída 252 350 m
6. Na glorieta, tome a saída segunda cara a N-120/Vigo/Ribadavia/Carballiño 1,2 km
7. Xire á dereita na rampla OU-504 cara a Carballiño/Ribadavia 110 m
8. Xire á esquerda en OU-504 8,0 km
9. Xire á dereita 210 m
10. Xire á dereita 350 m
11. Xire á esquerda
O destino está á dereita
110 m
Estrada descoñecida
.
Datos do mapa ©2010 Tele Atlas
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org