culturagalega.org
roteiros
Roteiros da Cultura Galega é unha aplicación web para explorar o país en clave cultural. Son viaxes temáticas a redor do noso territorio, soportadas polas últimas tecnoloxías. Non dubides en remitirnos calquera suxestión a redaccion@culturagalega.org. Durante as vindeiras semanas verás moitas melloras nos Roteiros.

Curros Enríquez en Ourense

O roteiro transcorre polos concellos de Celanova, Barbadás, Ourense e O Pereiro de Aguiar. Todos eles tiveron relación coa vida e a obra do vate. Celanova viuno nacer, sendo o escenario da súa primeira xuventude e a inspiración para algúns dos seus poemas. Barbadás acolle personaxes e lugares clave nas súas composicións. A capital da provincia marca a vida de Curros, nela coñece o éxito profesional e artístico, pero tamén as adversidades e a censura. O Pereiro é a cuna do Padre Feijoo, cuxa vida porá Manuel no teatro.

Roteiros

É un proxecto do Consello da Cultura Galega, en colaboración coa Consellería de Innovación e Industria e a colaboración das Fundacións Rosalía de Castro (Padrón), Curros Enríquez (Celanova) e Pondal (Corme). 



tematicas

roteiros

Tipos de roteiros

en coche a pé
<
Aviso legal | Contacto | O equipo do portal | Licenza de uso
redaccion@culturagalega.org I T: +34 981 957202 | F: +34 981957205 |
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org

Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org