Pechar X
culturagalega.org
roteiros

inicio > grandes roteiros

Rexurdimento


Data de publicación: 21-01-2009

Os Roteiros do Rexurdimento visitan o universo vital dos escritores que fixeron agromar o galego literario no século XIX. Os percorridos transcorren polas provincias de A Coruña, Ourense e Pontevedra, achegándonos a lugares claves da vida, da obra ou mesmo das homenaxes póstumas de Rosalía, Curros e Pondal.

que podes ver neste gran roteiro

«   1  2  3  4  5  6  7  8   »

Rosalía de Castro

Esta ruta percorre o espazo vital e poético da escritora Rosalía de Castro, moi ligada ás comarcas de Santiago e Padrón. Con estas terras, Rosalía de Castro mantivo estreitos lazos vitais, que tiveron o seu reflexo nas súas creacións literarias, en obras como Cantares Gallegos ou En las Orillas del Sar.

Curros Enríquez en Ourense

O roteiro transcorre polos concellos de Celanova, Barbadás, Ourense e O Pereiro de Aguiar. Todos eles tiveron relación coa vida e a obra do vate. Celanova viuno nacer, sendo o escenario da súa primeira xuventude e a inspiración para algúns dos seus poemas. Barbadás acolle personaxes e lugares clave nas súas composicións. A capital da provincia marca a vida de Curros, nela coñece o éxito profesional e artístico, pero tamén as adversidades e a censura. O Pereiro é a cuna do Padre Feijoo, cuxa vida porá Manuel no teatro.

Curros Enríquez na cidade da Coruña

O roteiro Curros Enríquez na Coruña transcorre por diversos espazos que desde o século XIX tiveron, directa ou indirectamente, relación co vate celanovés. O percorrido, apto para facer nunha xornada a pé, inclúe paradas que van desde o porto, que o viu partir cara a emigración, ata o cemiterio, no que repousan os seus restos mortais, pasando por barrios como o da Cidade Vella e o da Pesacadería.

Eduardo Pondal

O roteiro pondaliano pretende ser un pequeno referente da vida e obra de Eduardo Pondal, o Bardo de Bergantiños. Un percorrido con evocación poética, que nos achegará sen dúbida a un dos grandes da nosa literatura. Este abarca sete concellos da Costa da Morte (Terra de Soneira e Bergantiños), finalizando no concello da Coruña, lugar onde xacen os seus restos mortais.

Roteiro Xoán Manuel Pintos en Pontevedra

O paseo que propoñemos pola Pontevedra de Xoán Manuel Pintos comprende dez puntos significativos co obxectivo de: - recoller os lugares da vida e da obra de Xoán Manuel Pintos na “boa vila”, - atender aos traballos e aos días de figuras das letras universais que recuperou Xoán Manuel Pintos (Hermenegildo Amoedo Carballo e Sarmiento), lembrar aqueles autores que, directa ou indirectamente, tiveron relación co noso autor (Manuel Murguía, Rosalía de Castro...) e, finalmente, recuperar personaxes lendarios e históricos de Pontevedra por el citados (Teucro, Méndez Núñez...), - presentar, sen escurecer a figura de Xoán Manuel Pintos, os acontecementos políticos, sociais e culturais do século XIX, época de cambios significativos para a cidade de Pontevedra, - sumarnos, tal e como reivindicou o propio Xoán Manuel Pintos, á “reclamación da dignidade” da boa vila e do noso idioma. O Roteiro foi elaborado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra.



outros grandes roteiros

Aviso legal | Contacto | O equipo do portal | Licenza de uso
redaccion@culturagalega.org I T: +34 981 957202 | F: +34 981957205 |
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org

Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org