Pechar X
culturagalega.org
roteiros

inicio > grandes roteiros

Xeración das Festas Minervais


Data de publicación: 29-03-2010

Os roteiros da Xeración das Festas Minervais amosan a vida e obra de autores que pertenceron á terceira das etapas na que se divide a Literatura Galega de Posguerra. Trátase de escritores nados entre 1930 e 1940 que coinciden en 1953 en Santiago de Compostela recuperando celebracións de tradición barroca; e, en concreto, de autores como Manuel María, Bernardino Graña, Xosé Luís Franco Grande, Xohana Torres, Méndez Ferrín ou Uxío Nononeyra, a quen se lle dedican as Letras Galegas 2010.

que podes ver neste gran roteiro

«   1  2   »

Uxío Novoneyra no Courel

O roteiro Uxío Novoneyra lévanos a coñecer a Serra do Courel a través de diversos espazos biográficos e literarios do poeta. O percorrido transcorre polo seu concello natal, Folgoso, achegándose ata Pedrafita do Cebreiro, berce da súa familia materna. Aldeas, castros, montes, soutos, covas ou minas amósannos un contorno privilexiado que nos darán unha clara visión sobre o que foi a vida e a obra dun dos grandes bardos do século XX.

O roteiro foi elaborado por Etnoga coa colaboración e supervisión da familia de Uxío Novoneyra, quen achegou valiosos contidos e suxestións para a configuración do itinerario.

Importante: trátase dun percorrido de alta montaña que tamén referencia algúns elementos subterráneos que poden ter certo risco. Non percorra os devanditos lugares sen o asesoramento previo de especialistas.


outros grandes roteiros

Aviso legal | Contacto | O equipo do portal | Licenza de uso
redaccion@culturagalega.org I T: +34 981 957202 | F: +34 981957205 |
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org

Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org