Pechar X
culturagalega.org
roteiros

inicio > grandes roteiros

Xeración Nós


Data de publicación: 3-05-2010

Os Roteiros da Xeración Nós percorren os espazos vitais e literarios dos escritores que cara a 1920 fundan a revista do mesmo nome. A creación do grupo, formado por autores como como Vicente Risco, Castelao, López Cuevillas ou Otero Pedrayo, provocou un avance definitivo na cultura galega en diversos eidos. Tomando como base o Cenáculo Ourensán, os antecedentes históricos e políticos de Nós están nas Irmandades da Fala, fundada anos antes na Coruña para loitar pola recuperación política e económica.

que podes ver neste gran roteiro

«   1  2  3  4  5   »

Castelao en Pontevedra

Para Castelao, Pontevedra foi familia, amizade, traballo, política e creación artística. Neste último eido son salientables as escenografías e a fundación do Museo Provincial co seu gran amigo Losada Diéguez. A súa estadía na cidade do Lérez podemos coñecela seguindo o percorrido do Roteiro que nos ocupa, desde os seus centros de traballo, pasando polos de ocio ou polos residenciais.

Otero Pedrayo no rural ourensán

Co Roteiro Pedrayo visitaremos zonas das comarcas de Ourense, O Carballiño e O Ribeiro, con especial fincapé nos Chaos de Amoeiro. Nestas terras, delimitadas pola Serra Martiñá e polos ríos Miño e Barbantiño, acrecentouse a sensibilidade do escritor cara ao rural e a cultura popular. Os acontecementos que se produciron na súa época, tales como a ruptura das estruturas do Antigo Réxime ou a decadencia do poder da Igrexa, reflectiron de xeito directo na vida e obra de Ramón Otero e, a súa vez, na creación do itinerario.

Castelao no Barbanza

O berce de Castelao e do Roteiro é a vila de Rianxo, lugar no que xermina a súa creación artística con traballos temáticos sobre romaxes e cegos, así como a súa andaina en política e medicina. No seu concello natal exercerá esta profesión e participará no semanario El Barbero Municipal. Pero ademais, Alfonso Daniel coñeceu múltiples espazos da Serra do Barbanza e da Ría de Arousa que poderás revivir grazas ao percorrido proposto.


outros grandes roteiros

Aviso legal | Contacto | O equipo do portal | Licenza de uso
redaccion@culturagalega.org I T: +34 981 957202 | F: +34 981957205 |
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org

Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org